viernes, 7 de abril de 2017

Investigamos sobre...

Para estes días de vacacións gustaríame propoñervos unha tarefa de investigación e recompilación .

Que hai que buscar?
         Refráns , ditos ou poemas sobre os MESES DO ANO ou as ESTACIÓNS, por suposto en GALEGO.  
Como o podemos facer?
         Preguntando aos avós, a mamá, a papá, buscando en Internet, na biblioteca….
Cando o teño que entregar?
         O luns 24 de abril.
Como presento o meu traballo de investigación e recompilación de refráns?
       Podo presentar o meu traballo nun folio ou cartolina. Teño que escribir os meus refráns e facer un debuxo que o represente.
Animádevos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario