domingo, 23 de abril de 2017

Día 22 de abril , Dia Mundial da Terra


Insertar en Blog - collage

Con motivo do día Mundial da Terra os nenos de 1ºA fixemos uns tulipáns con rolos de papel hixiénico para facer un pequeno xardin. 


jueves, 20 de abril de 2017

viernes, 7 de abril de 2017

Voltamos o día 18 de abril



Pasádeo moi ben ! 

Vémonos no 3º Trimestre 

Investigamos sobre...

Para estes días de vacacións gustaríame propoñervos unha tarefa de investigación e recompilación .

Que hai que buscar?
         Refráns , ditos ou poemas sobre os MESES DO ANO ou as ESTACIÓNS, por suposto en GALEGO.  
Como o podemos facer?
         Preguntando aos avós, a mamá, a papá, buscando en Internet, na biblioteca….
Cando o teño que entregar?
         O luns 24 de abril.
Como presento o meu traballo de investigación e recompilación de refráns?
       Podo presentar o meu traballo nun folio ou cartolina. Teño que escribir os meus refráns e facer un debuxo que o represente.
Animádevos!

martes, 4 de abril de 2017

Estreamos o horto escolar



Hoxe comezamos a nosa aventura como pequenos agricultores  plantando no noso horto escolar unhas leitugas, uns tomates, uns pementos, unhas ceboliñas e uns riquisimos amorodos. 


Aqui vos deixamos unhas fotos da nosa labor.